Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 11.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novos módulos do sistema de xestión económico-financeira e mantemento do sistema (C.P. 6/2003).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 6/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento de novos módulos do sistema de xestión económico-financeira e mantemento do sistema.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 21 de abril de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

Importe total: 120.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 11 de xuño de 2003.

b) Contratista: Natica Sistemas de Información, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 120.000 euros, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica