Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 10.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/222).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: rúa Nicaragua, 10-3º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.C.M. e C.T. Cillobre.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV sobre apoios metálicos e de formigón, con orixe no centro de conexión e manobra de Cillobre, de 273 m de lonxitude, en dobre circuíto e con conductor LA-110, seguido de tramo en circuíto simple, de 250 m de lonxitude con conductor LA-110, todo na liña denominada liña III (Estramil). A Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 15 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña