Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 8 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.215.540 e cinco máis.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 157, do día 14 de agosto de 2003, cómpre face-la seguinte corrección no texto do anuncio:

Na páxina 10.650, na columna da esquerda, nas liñas 11 e 12, referidas ó orzamento base de licitación

da obra co título Captación e ETAP en Sisalde. Arteixo (A Coruña) e clave OH.215.540, onde di: «Orzamento base de licitación: douscentos oitenta e sete mil oitocentos setenta e tres euros (287.873,00 A)», debe dicir: «Orzamento base de licitación: trescentos trece mil catrocentos corenta euros e dez céntimos (313.440,10 A)».

O prazo de admisión das proposicións para a contratación desta obra en concreto, de clave OH.215.540, rematará ás catorce (14.00) horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das proposicións ( sobre B ) presentadas para esta contratación de clave OH.215.540 será realizada pola mesa de contratación, ás nove e media (9.30) horas do día 19 de setembro de 2003, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

A presente corrección de erros non afectará ás outras cinco contratacións anunciadas na dita resolución.