Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da reforma dun local situado na avenida Noriega Varela de Ourense. (Expediente 67/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: obra de reforma dun local (baixo) situado na avda. Noriega Varela de Ourense.

Prazo de execución: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: noventa e un mil setecentos vintecinco con vinteún euros (91.725,21), IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Labo

rais. Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 56 50/54 01 03, fax:: 981 54 56 91. www.xunta.es/contratacion

7. Obtención de documentación: copistería Copynino; r/ Rosalía de Castro, nº 58, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 59 03 02.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación necesaria: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver enderezo no punto 6.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

10. Apertura de ofertas: ás 9.30 horas do sétimo día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas (se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte) na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver enderezo no punto 6.

11. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos

Sociais, Emprego e Relacións Laborais