Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Milagrosa, número 3000, nos concellos de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, da provincia de Pontevedra, por parte de Canteiros do Porriño Reunidos, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que Canteiros do Porriño Reunidos, S.A., con enderezo social na Estrada de Salceda km 2, San Salvador de Budiño, 36400 O Porriño, Pontevedra, presentou nesta delegación provincial o día 28 de xaneiro de 2003, instancia-solicitude do permiso de investigación denominado Milagrosa, sobre unha superficie de nove cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 3000.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

Pp-V18º 43' 00''42º 37' 00''

V28º 42' 00''42º 37' 00''

V38º 42' 00''42º 36' 00''

V48º 43' 00''42º 36' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 15 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra