Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Guillade, número 3003, no concello de Salvaterra de Miño da provincia de Pontevedra, por parte de Manuel Guillade Lorenzo.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que Manuel Guillade Lorenzo, con enderezo social na r/ Casal nº 13 B, 36450 Salvaterra de Miño, presentou nesta delegación provincial o día 4 de marzo de 2003, instancia-solicitude do permiso de investigación denominado Guillade, sobre unha superficie de seis cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Salvaterra de Miño da provincia de Pontevedra, ó que lle correspondeu o nº 3003.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

V18º 29' 40''42º 06' 40''

V28º 29' 00''42º 06' 40''

V38º 29' 00''42º 06' 00''

V48º 30' 20''42º 06' 00''

V58º 30' 20''42º 06' 20''

V68º 29' 40''42º 06' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 10 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra