Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/81-2, 6058 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Bagueixos.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas:

-L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z.-150 mm, cunha lonxitude de 525 m, con inicio nun apoio metálico proxectado na L.M.T. existente Ceao-Rábade e final no C.T. proxectado de Bagueixos.

-C.T. en edificio prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA.

-R.B.T. subterránea en conductor R.V.-150, cunha lonxitude de 8 m.

-R.B.T. aérea en conductor R.Z.-150, R.Z.-95 e R.Z.-50 tensados sobre apoios de formigón, cunha lonxitude de 2.008 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo