Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2003/0080, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 11 de febreiro de 2003.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselle ó interesado, co último domicilio coñecido en Alcalde Jaime Hervada nº 108-4º, A Coruña, a resolución do recurso de alzada número V-2003/0080, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 11 de febreiro de 2003, da que a súa parte dispositiva di:

Na súa virtude,

RESOLVO:

Estima-lo recurso de alzada número V-2003/0080 presentado por Jesús Manuel Añón Bascoy contra a resolución dictada o 11 de febreiro de 2003, polo delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) da Coruña, pola que se acorda recoñece-lo financiamento cualificado para a adquisición dunha vivenda declarada protexida no expediente 15-G-0014/02, declarando a retroacción do expediente para que se requira o interesado co fin de que emende a omisión da sinatura na declaración; resolución que se revoga coa remisión á Delegación Provincial da Coruña para que proceda cos efectos oportunos.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda