Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de xullo de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 10/2003.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que se cita a continuación a notificación de proposta de resolución de expediente sancionador instruído por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 10/2003.

Denunciado: Azcuba Promociones y Obras, S.A.

Enderezo: rúa Benito Blanco Rajoy, 7-1º, 15006 A Coruña.

O dito interesado dispón dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ó da publicación deste edicto para poder examina-lo expediente no Servicio Provincial de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (rúa

Said Armesto, 1, Pontevedra) e presentar ante o citado servicio as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 16 de xullo de 2003.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial

de Estradas de Pontevedra