Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/365).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Andrís.

Situación: Oza dos Ríos.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15 kV, de 901 m de lonxitude, con orixe n L.M.T. a C.T. de Vilar de Oza (expte. 69688), e final no C.T. proxectado Andrís. Centro de transformación tipo intemperie Andrís, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 181 m. Conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. No termo municipal de Oza dos Ríos.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

A propietaria dos predios nº 1 e nº 3, Amelia García López, manifesta que é propietaria dos predios nº 1 e nº 3 (ó compra-lo predio nº 3). Solicita que a instalación discorra o máis preto posible do camiño de concentración parcelaria, dado que os dous predios lindan co camiño. Que a súa intención é construír unha casa e o trazado atravesa os dous predios.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que corrixe a titularidade do predio nº 1. Fai mención ó Decreto 3151/1969, do 28 de novembro. R.T.L.E.A.T. e en particular ó artigo nº 4. Dada a configuración parcelaria na zona, foi imposible proxectar un trazado que siga as lindes de tódolos predios afectados. Que segundo o artigo 58 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a servidume de paso de enerxía eléctrica non lle impide ó dono do predio servinte cercalo ou edificar nel, deixando esta servidume.

O propietario dos predios nº 7 e nº 8, Antonio Lage Otero, alega se-lo titular dos predios nº 7 e nº 8, por falecemento de Xulio Lage Martínez. Alega que se lle dea por comparecido no expediente e solicita a Unión Fenosa Distribución, S.A., que se entenda con el.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que corrixe a titularidade destes predios a nome do alegante.

A propietaria dos predios nº 2 e nº 11, Antonia Díaz Roel, solicita que se poñan en contacto con ela antes de acomete-la instalación.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que se puxo en contacto co interesado no ano 1998 e en maio de 2003, informándollo sobre a marcha da tramitación do expediente e da indemnización por mutuo acordo, sen que esta fora posible. Que o interesado poderá presentar no seu momento folla de aprecio valorando os prexuízos que considere que lle cause esta instalación, co fin de que o Xurado Provincial de Expropiación determine o prezo xusto.

O propietario do predio nº 12, Etchevaría, S.A., solicita que se lle indique en qué parroquia está sito o predio e que se aclare o concepto da ocupación por só establecemento de apoios (nº 1/2 4 superficie m) 1.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que a parcela se localiza preto dos lugares de Batán, Vilar de Locrendes e Andrís, no concello de Oza dos Ríos. Que a expresión nº 1/2 4 superficie m 1, se refiere a que está proxectada a instalación de medio apoio nº 4 (este instalarase na linde desta parcela co predio nº 11, para o cal se fai necesaria a ocupación de 1 metro cadrado de solo.

O propietario do predio nº 4, Manuel Pérez Varela, notificado no expediente, manifesta que serán os novos propietarios do predio os que deberán presentar alegacións (achega escritura de compra-venda). Manifesta tamén que por parte do concello se concedeu licencia de obras (xunta fotocopia), obra que está en fase de execución. Que a liña proxectada lle divide o predio practicamente pola metade.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que se corrixe a titularidade do predio. Alega que segundo o artigo nº 58 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica non lle impide ó dono do predio servinte cercarlo o edificar nel, deixando a salvo esta servidume.

A propietaria dos predios nº 14 e nº 15, Estrella Dopazo Rilo, alega que non está de acordo co paso da liña polo medio do predio porque lle estropea a plantación e que esta pode pasar pola esquina do monte á beira do camiño.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que o trazado da liña intenta axustarse no posible ó trazado R.B.T., o cal se consegue a partir do apoio nº 4. Debida á configuración parcelaria da zona e á excesiva pendente do terreo, resulta imposible axustarse ós lindeiros e que o trazado se elixiu tendo en conta o Decreto 3151/1968, do 28 de novembro R.T.L.E.A.T. e en particular o artigo nº 4. Que no que respecta ós prexuízos que se lle ocasionen na súa parcela poderá no seu momento presentar folla de aprecio valorándoos para que o Xurado Provincial de Expropiación determine o prezo xusto definitivo.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instala-

cións, nas que as características se axustarán en tódalas dúas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 11 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña