Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.841

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería da construcción, do departamento de Tecnoloxía da Construcción, a Cristina Mercedes Vázquez Herrero (praza 01/163).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta uni

versidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/163 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería da construcción, do departamento de Tecnoloxía da Construcción, desta universidade, a favor de Cristina Mercedes Vázquez Herrero, e unha vez que a interesada acreditara os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Cristina Mercedes Vázquez Herrero, profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería da construcción, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade.

A Coruña, 16 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña