Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2003 Páx. 10.841

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción, a Manuel Muñoz Vidal (praza 01/224).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 27 de novembro de 2001 (BOE do 13 de decembro), para a provisión da praza número 01/224 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción, desta universidade, a favor de Manuel Muñoz Vidal, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Muñoz Vidal, profesor titular de universidade da área de coñecemento de mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade.

A Coruña, 16 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña