Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.836

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 18 de xullo de 2003, da Delegación Especial de Galicia, de notificacións pendentes.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, a pesar dos dous intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio, relacionados no anexo adxunto, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican na Delegación Especial da AEAT en Galicia, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no lugar que se sinala, para o efecto de practica-la notificación do citado anexo.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: r/ Comandante Fontantes, 10-5ª planta, 15003 A Coruña.

A Coruña, 18 de xullo de 2003.

Dolores Sánchez Rodríguez

Xefa da Dependencia Rexional de Inspección

ANEXO I

Relación de contribuíntes que se citan para seren notificados por comparecencia

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: r/ Comandante Fontanes, 10-5ª planta, 15003 A Coruña.

InteresadoNIFProcedemento

Silvershore, S.L.A15815145Acordo alta de oficio de gran empresa

Transitaria de Alimentación, S.L.B36871176Acordo baixa de oficio de gran empresa

Grupo de Empresas Álvarez, S.A.A36610590Acordo baixa de oficios de gran empresa

Regeslac, S.L.B36872554Acordo baixa de oficio de gran empresa