Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 22 de xullo do ano que corre, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de remodelación da Gruta de Lourdes.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: oitenta e un mil catrocentos euros con corenta e oito céntimos (81.400,48 euros), de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 58.968,76 euros.

Gastos xerais: 7.665,94 euros.

Beneficio industrial: 3.538,13 euros.

IVE: 11.227,65 euros.

4. Garantías.

a) Provisional: mil seiscentos vinteoito euros (1.628 euros).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco; avda. de Cervantes, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio do último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o décimo terceiro día coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, das 8.00 ás 15.00 horas. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es

Viveiro, 4 de agosto de 2003.

Melchor Roel Rivas

Alcalde