Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a declaración de mineral natural das augas do manancial denominado Valmaior.

En cumprimento do disposto no artigo 39 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería, faise pública a resolución da Secretaría Xeral de Industria, do 12 de xuño de 2003, pola que se formula a declaración da condición de mineral natural das augas do manancial Valmaior, sito no localidade de Paderne, no concello de Folgoso do Courel (Lugo), instado por Jesús Marcos Chaos, que se transcribe como anexo a esta resolución.

Lugo, 7 de julio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Examinada a solicitude presentada por Jesús Marchos Chaos, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 17 de xaneiro de 2000 Jesús Marcos Chaos, solicita a declaración da condición de mineral natural das augas do manancial Valmaior, sito na localidade de Paderne, no concello de Folgoso do Courel (Lugo).

Segundo.-O expediente de referencia conta co preceptivo informe favorable da Consellería de Sanidade.

Terceiro.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Lugo informa favorablemente a solicitude de presentada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta consellería é competente para resolver este expediente, con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro e 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación coa Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia e o Decreto 402/1996, do 31 de outubro,

polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 116/2001, do 10 de maio; a Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e o Regulamento xeral para o réxime da minería, aprobado polo Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, e demais normativa específica que resulte de aplicación.

Segundo.-Na tramitación do expediente cumpríronse tódolos preceptos contidos na Lei 5/1995, no Regulamento de aproveitamento de augas minero-medicinais, termais e dos establementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 39 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Esta consellería, de acordo co que antecede e en exercicio das competencias que ten atribuídas, resolveu declara-la condición de mineral natural das augas do manancial Valmaior, sito na localidade de Paderne, no concello de Folgoso do Courel (Lugo).

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, porase interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó do súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17, do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio