Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 28 de maio de 2003, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-0458-O-2003 e vintecatro máis).

Advertido erro na devandita cédula publicada no DOG nº 130, do luns, 7 de xullo de 2003, cómpre face-la oportuna corrección:

Na columna do anexo onde di: «Sanción imposta», debe dicir: «Sanción proposta».