Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, dun contrato de consultoría e asistencia consistente na definición, implantación e seguimento dunha estratexia orientada á potenciación do deseño industrial en Galicia. (Expediente 3/03 DXT).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 3/03 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: elaborar informes que permitan fixa-las liñas para a definición, implantación e seguimento dunha estratexia orientada a potencia-lo deseño industrial dentro do tecido empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: comezará o día seguinte ó do seu asinamento e rematará o 31 de marzo de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 137.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación do contrato (2.740 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2898.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 6 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a contratación de consultorías e asistencias, polo procedemento aberto mediante concurso, emitido informe da Asesoría Xurídica o 11 de abril de 2003, e aprobado polo secretario xeral desta consellería, mediante Resolución do 2 de maio de 2003.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económico-financeira de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do TRLCAP, mediante os seguintes medios: informe das institucións financeiras e decla

ración relativa á cifra de negocios global e dos traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Se, por razóns xustificadas, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.

Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) e b) do TRLCAP, mediante a presentación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. Deberase acreditar que forman parte do persoal asignado á execución do contrato expertos no deseño industrial; para tal fin terán esta consideración as titulacións universitarias específicas en deseño industrial ou, se é o caso, licenciados, enxeñeiros ou arquitectos que no seu plan de estudios acrediten tal formación ou que teñan unha especialización postuniversitaria no deseño industrial.

E por medio dunha relación dos principais traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: 10.00 horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio é de 607,06 euros e será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio