Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 14 de xullo de 2003 pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos singulares admitidas a trámite ó abeiro da Orde do 29 de outubro de 2002.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 147, do xoves 31 de xullo de 2003, cómpre realiza-las seguintes correccións:

-Na páxina número 10.062, no cadro dedicado ós parques industriais, e dentro deste no epígrafe correspondente á potencia asignada ó parque da empresa Aglomerados Ecar, onde di: «3», debe dicir: «2,55».

-Na páxina número 10.062, no cadro dedicado ós parques de Pemes eléctricas, e dentro deste no epígrafe correspondente á potencia asignada ó parque de Fofe, onde di: «3», debe dicir: «2,55».