Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 6 de agosto de 2003 pola que se convocan axudas de carácter socioeconómico para o exercicio 2003.

A Orde do 30 de novembro de 2000, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas de carácter socioeconómico, prevé que as convocatorias anuais, que poderán ser varias, se rexerán polas bases e condicións establecidas na dita orde.

A Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003 prevé que o prazo de presentación de solicitudes das axudas non será inferior a corenta días hábiles.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria de axudas.

Convócanse axudas de carácter socioeconómico, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 30 de novembro de 2000 (DOG do 20 de decembro); o prazo de presentación de solicitudes, de acordo co artigo 43 da vixente Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, será de corenta días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Xunto coa solicitude e o resto da documentación prevista no artigo 11 da Orde do 30 de novembro de 2000, achegarase certificación bancaria da conta

da que sexa titular o beneficiario para efectos de pagamento e na que se faga consta-lo código da entidade e da sucursal e o número de conta.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario.

As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.614B.780.0 do vixente exercicio e por un importe de 893.377 euros.

Se quedasen remanentes de convocatorias anteriores engadiranse a esta.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos