Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno deste concello, en sesión realizada o día 28 de xullo de 2003, adoptou o acordo nº 24203 polo que se aproba inicialmente o estudio de detalle da parcela 42 sita no lugar de Boa Vista da parroquia de San Salvador deste termo municipal, e que foi promovido pola sociedade Lanzamar, S.A. e redactado polo arquitecto Miguel Ángel Varela de Ugarte e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos na data do 4-6-2003, e de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia,

sométese o estudio de detalle a información pública, durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Poio, 31 de xullo de 2003.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde