Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Nº de expediente: 5/2003. Obxecto do contrato: mellora da luz pública nas rúas Iryda, Justo Martínez e Castelao. Lugar de execución: termo municipal da Estrada, rúas indicadas. Prazo: ata o 20 de outubro de 2003. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Orzamento base de licitación: 112.129,06 A. Garantías: provisoria: 2.242,58 A. Obtención de documentación: solicitándoa ó departamento de Contratación; praza da Constitución nº 1, A Estrada. Teléfono: 986 57 01 65, extensión: 320. Fax: 986 57 02 33. Data límite para solicitar documentación: os primeiros 12 días de presentación de plicas. Clasificación do contratista: non se esixe. Presentación de ofertas: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no DOG ou BOP, derradeira publicación. Lugar de presentación: Rexistro de Entrada do Concello. Documentación: a esixida no punto 12 do prego. Apertura

de ofertas: ó día seguinte hábil do último sinalado para a presentación, excepto sábados e festivos. Hora: 11.00 horas. Obriga de mante-la oferta: 2 meses. Consulta de pregos: documentación na Internet: páxina web: www.aestrada.com/contratación.html. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 29 de xullo de 2003.

Manuel Rodríguez González

Alcalde accidental