Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso, tramitación ordinaria, para a contratación do servicio de limpeza dos portos e instalacións portuarias dependentes do ente público Portos de Galicia na provincia de Pontevedra. (Expediente PO-13-00-03-S1).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios Centrais. Área de Planificación e Explotación.

c) Número do expediente: clave PO-13-00-03-S1.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza xeral, recolla e retirada de residuos, instalación de contedores e o seu baleiramento e transporte dos residuos a lugar autorizado, desratización e limpeza de conduccións, canos, foxos e arquetas, dos portos e instalacións portuarias dependentes do ente público Portos de Galicia na provincia de Pontevedra.

b) Lugar de execución: portos e instalacións portuarias dependentes do ente público Portos de Galicia na provincia de Pontevedra.

c) Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 864.439,64 euros (oitocentos sesenta e catro mil catrocentos trinta e nove con sesenta e catro euros), IVE incluído, que supoñen 432.219,82 euros (catrocentos trinta e dous mil douscentos dezanove con oitenta e dous euros), IVE incluído, por cada ano de vixencia do contrato.

5. Garantías.

Provisional: 17.288,79 euros (dezasete mil douscentos oitenta e oito con setenta e nove euros).

Definitiva: o 4 por 100 do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Teléfono: 902 40 08 70.

Telefax: 981 54 53 24.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

b) Enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 2978.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M (servicios especializados).

Subgrupo 1: hixienización, desinfección, desinsectación e desratización.

Grupo U: servicios xerais.

Subgrupo 1: servicios de limpeza en xeral.

Categoría: B.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de bases do concurso.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará o día 30 de setembro de 2003.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro xeral do ente público Portos de Galicia ou na forma establecida no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o día 10 de outubro de 2003.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no taboleiro

de anuncios dos servicios centrais do ente público Portos de Galicia o resultado da dita comprobación, indicando, se é o caso, o prazo establecido para a emenda dos defectos materiais observados na documentación susceptibles de corrección.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 8 de agosto de 2003.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia