Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación e publicación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Lois-Monte de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra).

A Delegación Provincial de Pontevedra pon en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Lois-Monte de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 304/1998, do 6 de novembro (DOG nº 225, do 19 de novembro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 3 de xullo de 2003, aprobou as bases definitivas de concentración. As mencionadas bases estarán expostas ó público no local da casa do concello de Ribadumia e nos lugares de costume da zona durante un prazo de trinta días, contados a partir do seguinte en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da zona e no taboleiro de anuncios da casa do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar refírense á determinación do perímetro (colección de planos cos predios incluídos e excluídos e relación destes), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes, que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e a determinación dos propietarios base para face-las compensacións que sexan necesarias e á determinación dos propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases, os afectados poden interpoñer, por si mesmos ou por representación, recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, dentro dos trinta días sinalados. Os recursos pódense presentar no rexistro da Delegación Provincial de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural -sita na rúa Benito Corbal, 47, 4º, de Pontevedra-, no rexistro xeral da consellería -sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela-, ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedimento administrativo común. No escrito de recurso deberán expresar un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Pontevedra, 3 de xullo de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra