Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno deste concello, adoptada en sesión do 24 deste mes, acordouse prestar aprobación, inicialmente ó estudio de detalle que, ó amparo do artigo 29 do Plan parcial do polígono industrial-residencial Os Capelos, promoven as empresas Ferralla Lois en liña de rectificación dos recuamentos laterais, ordenación de volumes e establecemento das ordenacións específicas precisas respecto da parcela nº 40 da citada promoción.

O que, en cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, se fai público, para xeral coñecemento, polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e isto, co fin de que poida ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello.

Carral, 30 de xullo de 2003.

Juan Manuel Vales Rodríguez

Alcalde