Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por poxa da obra que a seguir se relacionan, incluída no Plan XXI de infraestructuras locais de transporte e de travesías municipais 2003:

-Plan XXI de mellora de rúas e camiños municipais do Concello de Cambre, ano 2003.

Orzamento: 71.612,21 euros, IVE incluído.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 184, do 12 de agosto do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 12 de agosto de 2003.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde