Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración de equipamento para o Centro de Formación Ocupacional de Lugo. (Expediente 54/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: lote 1: dotación da aula de automoción; lote 2: ampliación da dotación da aula de frío industrial.

b) Número de unidades que se entregarán: ver prego de prescricións técnicas particulares.

c) Lugar de entrega: Centro de Formación Ocupacional de Lugo.

d) Prazo de entrega: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento trinta mil euros (130.000 A), IVE incluído. Lote 1: 70.000 euros; lote 2: 60.000 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 56 50/981 54 01 03, fax: 981 54 56 91, www.xunta.es/contratacion

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das proposicións.

a) Plazo de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación necesaria: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro s/n; 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.15 horas do sétimo día natural, contados desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 9,56 A por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais