Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración para a dotación da aula de vernizado do Centro de Formación Ocupacional de Santiago de Compostela. (Expediente 57/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración para a dotación da aula de vernizado do Centro de Formación Ocupacional de Santiago de Compostela.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver prego de prescricións técnicas particulares.

c) Lugar de entrega: Centro de Formación Ocupacional de Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento corenta e un mil oitocentos euros (141.800 A), IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 56 50/54 01 03, fax: 981 54 56 91, www.xunta.es/contratacion

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das proposicións.

a) Prazo de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 10.15 horas do sétimo día natural, contado desde o día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 9,56 A por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais