Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/79-2, 6083 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Begasa

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 9, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Cantón.

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas:

-R.B.T. do C.T. Outeiro de Rei realizada en conductores illados do tipo RZ-95 e RZ-50, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachada, que partindo do C.T. de Outeiro de Rei alimentará o lugar de Outeiro de Rei cunha lonxitude de 420 m.

-R.B.T. do C.T. restaurante Miño realizada en conductor RZ-95 e RZ-50, partindo do C.T. restaurante Miño, alimentará o lugar de Cantón cunha lonxitude de 995 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo