Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/77-2, 6067 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. soterrada, C.T. 630 kVA e R.B.T. soterrada en Río Loiba (Covas).

Situación: Covas.

Descricións técnicas:

-L.M.T. de 140 m con orixe en C.T. Hispano Alemán e final en C.T. rúa Río Loiba (canalización existente). Desprazamento de conductor L.M.T. de 20 con orixe en C.T. de Hispano Alemán e final en C.T. de Germán Alonso en conductor de 150 mm.

-Canalización mixta L.M.T. e R.B.T. da rúa Río Loiba de 11 m de lonxitude, con orixe en C.T. Hispano Alemán e final na rúa Río Loiba.

-C.T. de Río Loiba instalado en edificio existente en interior de superficie cunha potencia de 630 kVA.

-R.B.T. do C.T. de Río Loiba de 260 m con orixe en C.T. rúa Río Loiba e final na rúa Río Loiba.

-R.B.T. do C.T. de rúa de Río Loiba de 70 m con orixe na rúa Río Loiba e final na rúa Río Loiba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo