Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2003 Páx. 10.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto para a contratación da obra de acondicionamento da rúa As Neves, incluída no P.O.S. 2002 da Deputación Provincial da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Malpica de Bergantiños.

2. Obxecto do contrato: execución da obra acondicionamento rúa As Neves.

3. Prazo de execución: 6 (seis) meses desde a comprobación do replanteo.

4. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

Prego-tipo de cláusulas administrativas particulares aprobadas pola deputación provincial.

5. Orzamento de licitación: 75.092,88 euros (setenta e cinco mil noventa e dous euros con oitenta e oito céntimos).

6. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Documentación e información: Secretaría do Concello de Malpica de Bergantiños.

8. Clasificación do contratista: non se esixe.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14.00 horas do último día de prazo de 13 días naturais, contado desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: a documentación presentarase en dous sobres cerrados titulados: sobre A, subtitulado «Documentación». Sobre B, subtitulado «Oferta económica e referencias técnicas». Conterá a proposición económica axustada ó modelo que figura no prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Documentos das Oficinas Xerais sito na Casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

10. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Data: 12.00 horas do segundo día seguinte hábil (excepto sábados) ó da finalización de presentación de proposicións.

Malpica de Bergantiños, 4 de agosto de 2003.

José Ramón Varela Rey

Alcalde presidente