Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2003 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación dos cursos de formación municipais. (Expediente 6151/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación dos cursos de formación municipais.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: desde setembro a decembro de 2003.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento total do contrato ascende á cantidade de 47.000 A, IVE incluído.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13.00 horas do prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 7 de agosto de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Mª Amparo C. Taboada Gil

Secretaria accidental da Deputación Provincial

da Coruña