Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO sobre a revogación do Acordo do 11 de xullo de 2003, de arrendamento mediante concurso de terreos para actividades de explotación dos recursos naturais.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria e urxente do 6 de agosto de 2003, acordou a revogación do Acordo do 11 de xullo de 2003, aprobatorio do inicio da contratación mediante concurso con procedemento aberto do arrendamento de terreos de titularidade municipal, sitos en Regodela para actividades de explotación dos recursos naturais, tendo sido efectuadas as publicacións correspondentes no DOG nº 143, do 24 de xullo de 2003, e BOP de Lugo nº 172, do 29 de xullo de 2003, deixando sen efecto a licitación convocada a tódolos efectos, de conformidade co disposto nos artigos 105 e 106 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó non afectar a dereitos subxectivos, ou non ter rematado o prazo de licitación, e toda vez que, con posterioridade ó Acordo do 11 de xullo de 2003, este concello coñeceu a vontade do clúster de acuicultura de Galicia e da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para a realización dun polígono de

acuicultura na enseada de Regodela, precisamente onde se presentaba a licitación para o mesmo fin, aprobada polo concello, estimándose preciso deixar sen efecto do Acordo do 11 de xullo de 2003, por razóns de interese público.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Xove, 7 de agosto de 2003.

Jaime Pernas Rodríguez

Alcalde accidental

Manuel Díaz Sánchez

Secretario