Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 17-7-2003, adoptou entre outros o acordo de aprobar inicialmente por instancia de Gonzalo Gómez Álvarez o estudio de detalle, relativo á modificación de aliñacións e rasantes do predio nº 25, situada en Sebe-Cacheiras, e clasificada como solo Urta (urbano) nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

A parcela ten unha superficie de 2.398,99 m e linda: norte: parcela colindante nº 24; sur: parcela colindante nº 26; leste e oeste: con cadansúa pista asfaltada.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo de vinte días contados desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Teo, 6 de agosto de 2003.

Armando Blanco Martínez

Alcalde