Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a xestión do Servicio de Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Prezo do contrato: establécese un prezo do contrato variable en función do número de alumnos a tempo completo (3 horas semanais/alumno), que terá a condición de máximo, sobre o que os licitadores deberán presentar ofertas á baixa:

Ata 200 alumnos tempo completo/ano: as tarifas dos usuarios máis 100.000 euros IVE incluído.

A partir de 200 alumnos tempo completo/ano: 360 euros (IVE incluído) alumno/ano cun máximo de achega municipal de 80.880 euros IVE incluído máis as tarifas vixentes.

Os licitadores deberán ofertar, así mesmo, na súa proposición, as tarifas das materias que se van impartir, que non poderán exceder dos tipos máximos establecidos na ordenanza de prezos públicos aprobada para o efecto.

Financiamento: os gastos da escola financiaranse do xeito que se indica no punto homónimo do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: a empresa adxudicataria deberá comeza-la prestación do servicio no curso 2003-2004, establecéndose a duración do contrato nun ano lectivo, se ben, poderá prorrogarse por períodos que non poderán exceder de 4 anualidades.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9.00 a 14.00, dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 6.000 euros.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12.00 horas, o segundo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2003.

Luis Toxo Ramallo

Primeiro tenente alcalde