Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 27 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivo do expediente sancionador 266/02 PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 30 de maio de 2003, o secretario xeral da Consellería de Sanidade dictou resolución do expediente sancionador nº 266/02 PRO, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Esther Corral Martínez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Esther Corral Martínez, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 27 de xuño de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 266/02 PRO.

Denunciada: Esther Corral Martínez.

DNI/NIF: 33831509.

Último enderezo coñecido: Rego do Muíño. As Pontes de García Rodríguez.

Feito imputado: venda de bebidas alcohólicas a menores de idade.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: art. 35.B.1 da Lei 14/1986, xeral de Sanidade, e arts. 13.1º e 37.3º a) da Lei 2/1996, de Galicia sobre droga.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: arquivo.

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO