Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2003 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e de tramitación urxente, dun contrato de obras consistentes na remodelación de control de accesos e CCTV para o Parque Tecnolóxico de Galicia. (Expediente 5/03 DXT).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 5/03 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: realizar obras consistentes nas actuacións para a remodelación dos sistemas de control de accesos e de circuíto pechado de televisión do Parque Tecnolóxico de Galicia e do seu edificio CEI.

Prazo de execución: dous meses contado desde o día seguinte ó da acta de comprobación do replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 148.729,06 euros, IVE incluído.

5. Clasificación.

Será requisito indispensable para contratar que o empresario teña acadada e vixente a clasificación como contratista de obras, no grupo I, subgrupo 8, categoría e. Os empresarios estranxeiros non clasificados acreditarán a súa solvencia económica, financeira e técnica por calquera dos medios especificados nos artigos 16 a) e c) e 17 a) e b) respectivamente, do TRLCAP.

6. Garantías.

Provisional: exento, salvo os empresarios estranxeiros que non dispoñan da clasificación requirida que acreditarán a constitución dunha garantía provisonal do 2% do orzamento do contrato (2.974,58 euros)

7. Obtención de documentación e información.

Obtención de documentación: Copynino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2; 15701 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 58 89 38.

Información:

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2948

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): si, en relación coa reducción do prazo de execución.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caerá en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio é de 1.022,92 euros e correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17)

Jesús Vázquez San Luís

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio