Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/75-2, 6048 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Distriz-Meilán.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas:

-L.M.T. a C.T.I. estrada Ombreiro, con orixe no P-19 L.M.T. a C.T. augas BEGASA e final en C.T. estrada de Ombreiro cunha lonxitude de 17 m.

-C.T.I. estrada Ombreiro cunha potencia inicial de 100 kVA e unha potencia proxectada de 160 kVA.

-R.B.T. realizadas en conductor tipo R.Z.-150 R.Z.-95 e R.Z.-50 alimentarán os lugares de estrada de Ombreiro, Distriz e Distriz Devesa cunha lonxitude de 1.895 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo