Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/74-2, 6050 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Louzaneta.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas:

-L.M.T. subterránea a C.T. Louzaneta 4, tensión nominal 20 kV, entronca nunha cela de saída do C.T. proxectado Louzaneta 3 e finaliza no C.T. Louzaneta 4. Lonxitude 580 m.

-L.M.T. subterránea a C.T. Louzaneta 3, tensión nominal 20 kV, entronca nun apoio metálico existente da L.M.T. a C.T. Louzaneta 2 e finaliza no C.T. Louzaneta 3.

-C.T.S., tanto o C.T. proxectado Louzaneta 3, coma o C.T. proxectado Louzaneta 4 irán en edificio prefabricado tipo PFU-3, dimensiónase a instalación para unha potencia de 630 kVA aínda que a potencia inicial será de 160 kVA.

-R.B.T.S. aéreas realizadas en conductor R.Z.-95 e R.Z.-50 con unha lonxitude de 3.415 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 4 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo