Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Toén.

O Pleno do Concello de Toén, en sesión extraordinaria urxente, celebrada o 30 de xuño de 2003, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Toén, logo do informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 25 de xuño de 2003.

Con data do 14 de xullo de 2003, remitíuselle á Dirección Xeral de Urbanismo-CPTOPV, copia completa do expediente e dous exemplares do documento aprobado definitivamente.

Segundo dispón o artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público o citado acordo.

O plan xeral non entrará en vigor ata a publicación íntegra do texto no BOP de Ourense, segundo dispón o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril (modificado polo artigo único da Lei 39/1994, do 30 de decembro), e transcorrido o prazo de 15 días sinalado no artigo 65.2º da citada lei.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, e de acordo co disposto no artigo 85.9º da Lei 9/2002, en relación cos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción

contencioso-administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportunos.

Toén, 16 de xullo de 2003.

José Puga Suárez

Alcalde