Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2003 pola que se anuncia a poxa que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento mediante poxa, por procedemento aberto, da parcela número 4 do proxecto de reparcelación da unidade de actuación 14, 15, 17, 18 e 19 do Plan Especial de Reforma Interior número 7 (PERI-7) da Ponte Pedriña.

Orzamento de licitación: o prezo mínimo da parcela obxecto de alleamento, que se entende como tipo de licitación, é de 2.066.659,58 euros, IVE incluído.

Neste prezo non están incluídos os gastos de urbanización que serán por conta do adxudicatario nas condicións establecidas no prego de cláusulas económico-administrativas que rexe esta contratación.

O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas de 9.00 a 14.00 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación: 41.333,19 euros.

Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das proposicións. De coincidir en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Tfno.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Tfno. e fax: 981 59 33 85.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde