Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 10 de xullo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para o desenvolvemento urbanístico mediante o axuste de aliñacións e rasantes xunto coa ordenación de volumes para a parcela de propiedade particular, sita na rúa Bellavista s/n, San Cibrao (Cervo), de acordo coas especificacións das normas subsidiarias de planeamento de Cervo, mantendo as súas determinacións substantivas, sen altera-lo aproveitamente urbanístico, nin ocasionar prexuízos a terceiros, nin altera-las condicións da ordenación dos predios estremeiros, promovido por Duardyluna, S.L.

Segundo.-Proceder á publicación deste acordo no DOG e no BOP.

Terceiro.-Comunicarllo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

Contra o citado acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspon

dente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes.

Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, ou noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

Cervo, 11 de xullo de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde