Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para a elaboración do estudio A avaliación intermedia do programa rexional de Galicia da iniciativa comunitaria Leader +.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Relacións cos Grupos de Acción Local.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a elaboración do estudio A avaliación intermedia do programa rexional de Galicia da iniciativa comunitaria Leader +.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Prazo de execución ou data límite de entrega: ata o 1 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 30.050,61 A.

5. Garantía provisional: 601,01 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Agader.

b) Enderezo: avda. do Camiño Francés, nº 10, baixo.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 73 55.

e) Telefax: 981 54 73 81.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica financeira: certificación da cifra de negocios global.

b) Solvencia técnica e profesional: relación dos principais traballos realizados nos últimos tres anos, indicando importes, datas e beneficiarios, públicos ou privados, relativos á avalición de programas cofinanciados con fondos comunitarios; relación doutros traballos realizados nos últimos tres anos, coa indicación de importes, datas e beneficiarios; descrición

do equipo e unidades técnicas que participarán na execución do contrato, que terá carácter multidisciplinar e deberá contar cun titulado superior.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que se vai presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: Agader.

2º Enderezo: avda. do Camiño Francés, nº 10 baixo.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Agader. Domicilio: avda. do Camiño Francés, nº 10, baixo.

b) Localidade: Santiago de Compostela.

c) Data: 22 de setembro de 2003.

d) Hora: 12.00 horas.

10. Gastos de anuncios: 400 A aproximadamente. Serán por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.xunta.es/contratacion e agader.xunta.es

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.

Belén Hernández Lafuente

Directora xeral da Axencia Galega

de Desenvolvemento Rural