Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 16 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 301/1997 e dous máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícanselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e saúde laboral, en execución das sentencias dictadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular contra ela recurso contencioso-administrativo no

prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido nos artigos 8.3º e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advertíndolles que, de non telo feito, terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Cupers Fundiciones, S.A.

Domicilio, localidade: S. Cibrao das Viñas, Ourense.

Nº de expediente: 301/1997 (R.O.), 223/1996 (OU), 528/1996 (AI).

Data da resolución da consellería: 28 de marzo de 2003.

Preceptos infrinxidos: artigos 17.1º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co artigo 90 e 92 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo do 9 de marzo de 1971. Artigos 26.3º, 30.1º e 32 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo.

Preceptos sancionadores: artigo 47.16º b), f) e 46.1º e 4º da Lei de prevención de riscos laborais.

Sanción imposta: 1.562,63 euros.

Empresa: Monterrey, UTE.

Domicilio, localidade: Verín, Ourense.

Nº de expediente: 137/1998 (R.O.), 155/1997 (OU), 281/1997 (AI).

Data da resolución da consellería: 14 de marzo de 2003.

Preceptos infrinxidos: artigo 4.4º do Real decreto 555/1986, do 21 de febreiro.

Preceptos sancionadores: artigo 47.6º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Sanción imposta: 1.503,13 euros.

Empresa: Ventureira Montajes, S.L.

Domicilio, localidade: Cambre, A Coruña.

Nº de expediente: 280/1998 (R.O.), 38/1998 (CO), 2116/1997 (AI).

Data da resolución da consellería: 20 de febreiro de 2003.

Preceptos infrinxidos: artigo 43 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 96.2º do Estatuto dos traballadores.

Sanción imposta: 3.005,66 euros.