Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento restrinxido e tramitación ordinaria, para a contratación do proxecto e obras de construcción do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo, Pontevedra.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público, polo procedemento restrinxido e tramitación ordinaria, para a contratación do proxecto e obras de construcción do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo, Pontevedra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 26/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: concurso de proxectos e obras.

b) Descrición do obxecto: contratación do proxecto e obras de construcción do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo, Pontevedra.

c) Lugar de execución: Campolongo, Pontevedra.

d) Prazo de execución: 36 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e seis millóns de euros (36.000.000 A), IVE incluído.

5. Garantía provisional.

Os equipos seleccionados para participar no concurso restrinxido deberán presentar, despois da invitación por parte do órgano de contratación, unha fianza provisional por importe de setecentos vinte mil euros (720.000 A).

6. Obtención de documentación.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Réxime Interior, rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos: 22-9-2003.

7. Obtención de información.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda. Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 41 49.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: 22-9-2003.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos todos, categoría f.

9. Recepción de solicitudes de participación.

a) Data límite de recepción: 22-9-2003.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de documentación administrativa que rexirá na selección dos participantes.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na

forma establecida no artigo 80 do Regulamento xeral de contratación do Estado, edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Data de remisión do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 4 de agosto de 2003.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas á presente convocatoria: www.xunta.es/contratación/.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2003.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA