Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 8 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Santo André de Campo Redondo (Ribadavia-Ourense).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós interesados, que se relacionan no anexo, ós que non se lles puido practica-la notificación persoal, por ser devoltos os boletíns individuais de propiedade polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar, que a xunta local

de concentración parcelaria de Santo André de Campo Redondo (Ribadavia-Ourense), acordou o día 9 de xuño de 2003 a aprobación das bases definitivas da concentración da zona, que estarán expostas ó público no Concello de Ribadavia e nos lugares de costume, de conformidade co disposto nos artigos 29.2º e 36 da Lei 12/2001, do 10 de setembro, que modifica a Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia.

Nas referidas bases definitivas figuran os correspondentes boletíns individuais de propiedade. Para o caso de que se tiveran formulado alegacións ás bases provisionais, as resolucións destas serán as modificacións reflectidas nos boletíns individuais de propiedade das bases definitivas.

Contra o devandito acordo aprobatorio das bases definitivas, que non é definitivo na vía administrativa, os interesados do anexo, poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo de trinta días contados a partir do día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sinalando no escrito un domicilio dentro do termo municipal para face-las comunicacións que procedan.

Ourense, 8 de xullo de 2003.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº PROPIETARIONOME

10ALFARO DOCAMPO, DELFINA
17ALFARO VAZQUEZ, JOSE
19ALVAREZ BOVEDA, JOSE
23ALVAREZ GONZALEZ, ROBERTO
30ARMAN PEREZ, DARIA
31ARROJO FEIJOO, MANUELA
59CASTRO LOPEZ, JOSE
72COLLARTE GARCIA, LUIS
73COLLARTE GOMEZ, JOSE
82COLLARTE PEREZ, RAMON
84COLLARTE ROMERO, JOSE LUIS
96CORBAL GARCIA, VICENTE
111DIEGUEZ VILLANUEVA, ANTONIO
123DOMINGUEZ BARROSO, EVARISTO
143GARCIA DIEGUEZ, EMILIA
149GARCIA GOMEZ, SELVIO
167GOMEZ MARTINEZ, CARMEN
174GONZALEZ GARCIA, ANTONIA
186LEVOSO GOMEZ, AMPARO
209OTERO RODRÍGUEZ, JOSE
219PEREZ LOPEZ, ANTONIO
231RODRIGUEZ COLLARTE, TERESA
232RODRIGUEZ DIEGUEZ, GUADALUPE
242VAZQUEZ MARTINEZ, MANUEL
246VAZQUEZ VAZQUEZ, DELFINA
252VIDAL SÁNCHEZ, JOSE
259VILLANUEVA SOBRINO, ROSA MARIA