Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, pola que se anuncia o cambio de cualificación da infracción no expediente sancionador SAN-PO-15/2003-P, incoado en materia de pensos medicamentosos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de

novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase ó interesado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinala a continuación, o cambio de cualificación da infracción no expediente sancionador SAN-PO-15/2003-P, acordada polo director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste aviso, para poder examina-lo expediente no Servicio Técnico Xurídico da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, situada en San Caetano s/n, CP 15704, para presenta-las alegacións e os documentos que considere convenientes na súa defensa.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo, deberá emprega-los impresos que lle serán facilitados na delegación provincial desta consellería en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2003.

Miguel Fernández Rodríguez

Director xeral de Producción e Sanidade

Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-PO-15/2003-P.

Denunciado: Rumisex, S.L.

Último enderezo coñecido: avda. Jesús García Naviera, 35-37, CP 15300, Betanzos (A Coruña).

Nova cualificación da infracción: infracción en materia de pensos medicamentosos.

Precepto infrinxido: artigo 108.2º b) número 1 do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios.

Precepto sancionador: artigo 109 da Lei 25/1990, do 20 de decembro, e 110 do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 6.911,64 euros.