Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por Decreto da Alcaldía do 30 de xullo de 2003 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para adxudica-las obras de urbanización e humanización da rúa Vicente Sobrino, que se expoñen ó público durante 8 días,

contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultara necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

Obxeto do contrato.

Adxudica-las obras de urbanización e humanización da rúa Vicente Sobrino.

Tipo de licitación: cento sesenta e dous mil cento trinta e tres euros con cincuenta e sete céntimos (162.133,57 euros) IVE incluído.

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto urxente.

Garantías.

Provisoria: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 13 días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG en horas de nove a trece e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo cuarta do prego de cláusulas administrativas técnicas. Se o último día de presentación de oferta fora inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

A apertura terá lugar ás 12 horas do 3º día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 30 de xullo de 2003.

Ignacio Saa González

Alcalde en funcións