Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407 03/110).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: pza. Constitución, 17, 15270 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Braño-Volta.

Situación: Vimianzo.

Características técnicas:

Liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56:

-De 2.174 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 80 da liña Allo-Vimianzo e final no C.T. Figaredo, para instalar.

-De 6 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 6 da liña a C.T. Figaredo e final no C.T. Braño, para instalar.

Centros de transformación, tipo intemperie, en Figaredo e Braño, de 50 kVA e 100 kVA respectivamente e tensións de 20/0,380-0,220 kV, dos que parten redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.315 m de lonxitude desde o C.T. Figaredo e de 1.442 m de lonxitude desde o C.T. Braño. No termo municipal de Vimianzo.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 2 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña