Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.482

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

CÉDULA de notificación de sentencia (249/2002).

Concepción Albes Blanco, secretaria da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, sede Vigo,

Certifico: que no rolo de apelación civil número 19/1999, recaeu sentencia en segunda instancia cun encabezamento e dictame que din así:

«Sentencia nº 249/2002.

En Vigo (Pontevedra), dezaseis de xullo de dous mil dous.

Visto o grao de apelación ante esta sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, os autos de menor contía 240/1995, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Redondela, ós que lles correspondeu o rolo 19/1999, nos que aparece como parte relatora Francisco Israel Tilve García, representado pola procuradora Tamara Ucha Groba, e asistido polo letrado Arximiro Soliño, Julia Vázquez Nogueira, José Fernando Rey Becerra, Francisco Núñez Iglesias e Amado González Cardama, representados pola procuradora señora Requejo Losada e asistidos do

letrado señor Conde Salgado, e como apelados demandados Magdalena Carreira Míguez, José Iglesias Rivas, Cesáreo Costa Corbillón, José Rodríguez Soto, José García Álvarez, Manuel Villar Martínez, herdeiros David Junco Vidal, Com. Propietarios edif. nº 4 praza Ponteareas, Redondela, Antonio Aneiros Cal, Luciano Leiro Vidal, José Luis Fernández González, José Luis Dorado, José María Valle, Luis Rodríguez Vilarchán, Concepción Lago Vidal, Bernardino Figueroa Alonso, Isolina Rodríguez Lago, Ramón Bóveda Martínez, Juan Rodríguez Fontán, Josefa Bouzón Martínez, Nieves Rodríguez Bouzón, José Nogueira Diz, Julia Vázquez Nogueira, Francisco Leiro Vidal, Balbina Míguez Cabaleiro, todos eles en situación procesual de rebeldía. É maxistrado relator José Ferrer González, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito, fundamentos de dereito.

Dictame.

Que estimando parcialmente o recurso de apelación interposto por Francisco Israel Tilve García e desestimando o interposto por Julia Vázquez Nogueira, José Fernando Rey Becerra, Francisco Núñez Iglesias e Amado González Cardama, contra a sentencia dictada no xuízo de menor contía nº 240/1995 que se segue no Xulgado de Primeira Instancia número un de Redondela revógase esta no único extremo de condenar a Manuel Villar Mar

tínez e a súa dona Concepción Darriba García, Amado González Cardama, Magdalena Carreira Míguez, José Antonio Iglesias Rivas, Cesáreo Costa Corbillón, José Rodríguez Soto, José García Álvarez, Luis Rodríguez Vilarchán e a súa dona Concepción Lago Durán, Bernardo Figueroa Alonso e a súa dona Isolina Rosa Rodríguez Lago, Julia Vázquez Nogueira, Antonio Aneiros Cal, Luciano Leiro Vidal, Francisco Núñez Lago, José Luis Dorado Cueto, José Fernando Rey Becerra, José María Valle Pérez, Francisco Leiro Vidal e a súa dona Balbina Míguez Chamadoiro, a que, de maneira subsidiaria ás comunidades de propietarios dos edificios 77 da rúa Pai Crespo e 4 da praza de Ponteareas e en proporción á cota de participación en cada unha das comunidades, realicen as obras e aboen os danos e prexuízos obxecto de condena na sentencia que se recorre, a cal se confirma en tódolos seus pronunciamentos.

As custas da segunda instancia causadas polo recurso de Julia, José Fernando, Francisco e Amado, impóñense a estes; non se fai especial imposición das custas do recurso de Francisco Israel.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia por quen se acusará recibo.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas, rúbricas e a publicación».

E para que conste e sirva de cédula de notificación de sentencia Luciano Leiro Vidal, Ramón Luis Bóveda Martínez, Julia Vázquez Nogueira, José Nogueira Diz e herdeiros de David Junco, actualmente en paradoiro descoñecido, estendo e asino esta notificación en Vigo o vintecinco de xuño de dous mil tres.

Rubricado