Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.452

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 29 de xullo de 2003 polo que se fai público o acordo de nomeamento de secretarías en réxime de provisión temporal de diversos órganos xudiciais de Galicia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 29 de xullo de 2003. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza, praza de Galicia, s/n, A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean os secretarios dos xulgados de Primeira Instancia e Instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan, esta xerencia territorial, no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño), e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no apartado undécimo da O.M. do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21 de xullo). Nomeamento acordo da Sala de Goberno de data 28 de febreiro de 2003:

María Luisa Cobas Martínez, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira.

Denise Romero Barciela, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Chantada.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo de Saída da Xerencia Territorial».

Asemade, faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola sala de Goberno do 24 de xullo de 2003, no cal ademais dos nomeamentos citados se declarou deserta a praza do Xulgado Mixto número catro de Pontevedra, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, pregándolle envíe a esta presidencia un exemplar do mesmo no que se faga aquela para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 29 de xullo de 2003.

Jesús Souto Prieto

Presidente do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia